OurenseÚltima hora

Unha muller é atropelada en Ourense cando cruzaba por un paso de peóns

O alcance foi entre as rúas Padre Feijóo e Lugo, cara ás once e media da mañá, cando o coche fixo unha manobra de xiro
Paso de cebra onde se produxo o atropelo.

Unha señora foi atropelada por un vehículo na mañá de hoxe, 6 de outubro, cara ás once e media. Segundo informaron dende a Policía Local, o alcance produciuse no cruce que hai entre a rúa Lugo e a rúa Padre Feijóo, en Ourense.

Segundo establece o atestado policial, o vehículo, un Citroën AX, accedía dende a rúa Padre Feijóo até a rúa Lugo e o atropelo foi durante a manobra de xiro. A muller, de 51 anos, foi trasladada con prognóstico reservado a un centro sanitario.

Artigos relacionados

Back to top button