ConcellosÚltima hora

Unha muller cae por un barranco de 3 m na Rúa

Segundo informa o 112 Galicia, os Bombeiros de Valdeorras e o persoal do 061-Urxencias Sanitarias rescataban na tarde do 13 de xuño a unha muller que caía por un barranco duns tres metros na localidade da Rúa. O suceso acontecía na zona do Arroio, á altura da praza da igrexa, ao fío das 13:20 horas.

“Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta dos feitos. Indicaba no seu relato que a muller se atopaba consciente e solicitaba medios para rescatala”, segundo o 112 Galicia.

Acto seguido, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia dábase o aviso aos Bombeiros de Valdeorras, á Policía Local, ao 061-Urxencias Sanitarias, aos efectivos do GES de Valdeorras e a Protección Civil.

Artigos relacionados

Back to top button