ConcellosÚltima hora

Unha muller de 80 anos, ferida ao ser atropelada na Gudiña

Na mañá do 28 de outubro unha muller de 80 anos resultaba ferida ao ser atropelada por vehículo nas inmediacións da Casa do Concello da Gudiña. O 112 Galicia recibía unha alerta do ocorrido do 061-Urxencias Sanitarias.

“Ata o lugar do sinistro estaba a ser mobilizada unha ambulancia. Con todo, segundo se lle indicou ao 112, a vítima acabou sende trasladada a un centro sanitario por un familiar”, tal e como se informa dende o 112 Galicia.

Dende a central de emerxencias do 112 alertouse dos feitos ao GES da Gudiña e á Garda Civil de Tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button