ConcellosÚltima hora

Unha muller resulta ferida ao caer nun pozo no Barco

Un particular daba a voz de alama ás 9h. da mañá do 22 de marzo. Chamaba ao 112 Galicia avisando de que acaba de ver a unha muller caer dunha fiestra no Barco de Valdeorras, nunha propiedade da rúa Eulogio Fernández. A vítima, rescatada por un veciño, precipitábase dende unha altura e caía nun pozo de escasa profundidade, segundo a información feita pública dende o 112 Galicia.

Tras recibir o aviso, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias alertaba a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Valdeorras. Tamén se informou ao GES de Valdeorras, á Policía Local e á Garda Civil.

Tanto a muller como o home que a rescataba foron trasladados a un centro hospitalario, xa que o varón presentaba síntomas de hipotermia, citando de novo ao 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button