En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Unha multitude réndese á deliciosa bica de Trives

Unhas 600 persoas participaban no xantar da Festa da Bica trivesa que exalta este doce dende hai 45 anos

Coa música de tres bandas de gaitas e un pregón a cargo do historiador e director do IES Xermán Ancochea Quevedo, Francisco García Sánchez, poñíase en marcha a 45 Festa da Bica de Trives na mañá do 28 de xullo.

A partires das 14h. servíase o xantar da celebración en dous escenarios abarrotados de comensais: unha carpa na rúa San Martín que acollía a 500 persoas e no Pazo San Lorenzo, onde comían os membros das bandas de gaitas.

O menú estaba composto por empanada, “pulpo á feira”, carne ao caldeiro, viño, bica e licor café e estaba amenizado cos ritmos da Charanga Nova Terras de Trives amenizarán o xantar. A continuación tiña lugar o acto de entrega da primeira edición dos galardóns Bica de Ouro.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button