En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Unha multitudinaria Volta Ecolóxica envolve de cor A Rúa Vella

Máis de 150 persoas participaron nesta actividade enmarcada no programa das Festas de San Roque

Cultos, concertos, orquestras, pasarrúas, campionatos de tute, teatro,… Son moitas e moi variadas as actividades que conforman cada ano o programa das Festas de San Roque na Rúa, pero hai unha que destaca sobre as demais pola vistosidade e orixinalidade: a Volta Ecolóxica.

Con moitas edicións ás costas, esta iniciativa nacía hai décadas como protesta contra os desastres medioambientais e os maltratos ecolóxicos e hoxe mantense, ademais, como unha divertida actividade familiar na que os pais, tíos e mesmo avós, acompañan aos nenos en engalanadas bicicletas, percorrendo con todo tipo de disfraces, boa parte da Rúa Vella.

Así, na tarde do 18 de agosto, máis de 150 persoas de todas as idades, saían en bicicleta dende a praza César Conti ata completar o vistoso percorrido no campo de San Roque. Entre os disfraces había un pouco de todo, dende uvas (brancas e tintas) anta sambeiras, pasando por volvoretas, piratas, personaxes de cinema de terror, demos, cociñeiros, e mesmo reporteiros. Ao final da volta, os máis pequenos recibían caramelos e tamén se entregaban varios premios, entre eles aos gañadores do campionato de tute e á mellor comparsa que foi a dos “mariposones”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close