En portadaÚltima hora

Unha Noiteboa compartida en San Xoán de Río

Na noite do 24 de decembro poñíase en marcha unha iniciativa promovida polo Concello e pola residencia da terceira idade para que ningúen pase este Nadal só na casa

 

Neste Nadal o Concello de San Xoán de Río, en colaboración coa residencia da terceira idade do municipio, está a promover unha iniciativa co fin de que ningunha persoa maior pase estas datas festivas soa na súa casa. Desenvolverase ao longo de tres días. O primeira deles era o 24 de decembro, Noiteboa.

“Ningúen pasou esta Noiteboa só en Río”, destacaba o alcalde do municipio, Xosé Miguel Pérez Blecua. “Protección Civil vai a buscar á xente as súas casas para deixala na residencia, e logo devólvena. A residencia pon a cea, aloxamento, almorzo e xantar. Isto é totalmente de balde para as persoas solicitantes do servizo”, continúa o rexedor.

Isto mesmo repetirase o día de fin de ano, 31 de decembro, e o 5 de xaneiro, noite de Reis.

Fotos cedidas polo Concello de San Xoán de Río.

Artigos relacionados

Back to top button