EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Unha nova adega, certificada co selo da D.O. Monterrei

Con esta incorporación xa son 27 as adegas inscritas certificadas por esta denominación, que aglutina os municipios de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós

 

O Comité de Certificación da Denominación de Orixe Monterrei vén de reunirse para valorar a certificación dunha nova adega da comarca. “Unha vez o Comité oconstatou que ésta superou todos os requisitos necesarios, a adega Manuel Vázquez Losada (situada en Castrelo do Val) pasa a certificar os seus viños baixo a tipoloxía: branco Monterrei. Esta certificación posibilita que a adega utilice no etiquetado das súas botellas as tirillas distintivas da D.O.”, explican dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei.

Con esta incorporación xa son 27 as adegas inscritas certificadas pola Denominación de Orixe Monterrei, que aglutina os municipios de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós. Os viñedos de Monterrei ocupan 581 hectáreas de territorio, nas que traballan 389 viticultores.

“Só podemos darlle a benvida á familia Monterrei. É gratificante que novas xeracións confíen no noso proxecto e apoien a sostibilidade do rural galego, ao que por certo, todos debémoslle moito”, sinala a presidenta do CRDO Monterrei, Lara Da Silva. “Deséxolle unha longa e próspera traxectoria”, conclúe Da Silva.

Artigos relacionados

Back to top button