ConcellosO BarcoÚltima hora

Unha nova directiva, encabezada por Jacobo Arias, á fronte do Barco CCA

Resultaba elixida nunha asemblea telemática celebrada na tarde do 2 de febreiro

Jacobo Arias, novo presidente d CCA O Barco./ Cedida.

 

O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) enceta unha nova etapa. Con “moitas ganas, ilusión e ideas” vén de coller as rendas da asociación un novo equipo directivo que encabeza Jacobo Arias. Del tamén forman parte José Antonio Outomuro como vicepresidente, Verónica Prada como secretaria, Javier Brasa como tesoureiro e Jorge Álvarez e Encina Villar como vogais.

Esta nova xunta directiva resultaba elixida nunha asemblea extraordinaria celebrada de forma telemática na tarde do 2 de febreiro e supón unha renovación completa do equipo anterior. Durante a xuntanza a anterior presidenta, Sandra Moldes, despedíase do cargo a través dunha carta na que facía un balance moi positivo da súa experiencia á fronte do CCA e agradecía o traballo e esforzo do equipo. Tamén se despedía a vicepresidenta, Ángeles R. Pérez, e o vogal Carlos G. Hervella, que levaba dende a fundación do CCA formando parte das directivas e facía un repaso pola xénese e evolución desta asociación, agradecendo o traballo dos seus presidentes, xuntas directivas e xerentes en todo este tempo.

 

A anterior vicepresidenta, Ángeles R. Pérez, e a xerente do CCA, Ainhoa Carracedo, e asistentes á asemblea de onte.

 

 

Nova xunta directiva do Barco CCA

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button