EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Unha nova empresa do Barco fai unha demostración de limpeza de pintadas na vila

Tiña lugar no paso baixo a vía de ferrocarril, que une a avenida de España coa rúa da Deputación

Na tarde deste 2 de maio tiña lugar no Barco un “ensaio/demostración” de limpeza das pintadas existentes no paso baixo a vía do tren para vehículos (que conecta a avenida de España coa rúa Deputación). Dela encargábase unha empresa de nova creación nesta localidade valdeorresa, considerada pioneira en materia de retirada de pintadas e limpeza de fachadas, entre outras cuestións.

Esta demostración, que contaba coa presenza do alcalde do Barco, Alfredo García; era un encargo realizado polo Concello, que “quere ver como funcionan os sistemas de limpeza de esta empresa, co el fin de proceder á retirada de todas as pintadas existentes no Barco, así como á limpeza de beirarrúas da vila, especialmente castigadas”, segundo se informa dende esta adminsitración local.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button