EconomíaEconomíaÚltima hora

Unha nova oferta de crédito para a mellora competitiva dos comercios locais

A Federación de Comercio de Ourense e ABANCA asinaron o convenio de colaboración hoxe, 22 de xullo

Imaxe tomada durante a reunión. / Foto: cedida.

 

A directora da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, e o director territorial de ABANCA, Rubén Saavedra, reuníronse hoxe, 22 de xullo, para asinar un convenio de colaboración dirixido aos negocios de proximidade. Con este proxecto, ambas entidades buscan que os comercios asociados teñan á súa disposición condicións especiais nos servizos bancarios empregados na súa actividade.

O protocolo porá a disposición dos comerciantes aqueles produtos e servizos financieiros máis adecuados para dar resposta as súas necesidades e contando coas mellores condicións. Destacan especialmente os préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos sen xuros nin comisións. Tamén se recollen no convenio outros modos de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto comercial. Para facilitar a competitividade dos asociados, os clientes terán a súa disposición o servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, o chamado APRAZOS, que permite financiar as compras de forma rápida, sinxela e económica.

 

Beatriz Gómez e Rubén Saavedra durante a firma do convenio. / Foto: cedida.

 

As entidades tamén acordaron a creación dunha oferta mellorada para a contratación de TPVs e bonos que permitan que os negocios paguen unha cantidade mensual fixa, incluíndo un volume de vendas pactado que se corresponde co que os comercios estiman facturar anualmente a través do TPV.

Os empresarios que pertenzan a esta asociación poderán acceder ás formulas de finaniamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade mantén con diversos organismos públicos, destacando as liñas ICO – COVID-19 e IGAPE COVID-19. Os comerciantes ourensáns poderán beneficiarse do Programa Cero Comisións de Abanca que permite deixar de pagar polo mantemento de contas, tarxetas, transferencias ou ingreso de cheques. Tamén disporán do servizo de banca electrónica.

Artigos relacionados

Back to top button