OurenseÚltima hora

Unha obra do actor Sergi López pecha o FITO o 18 de outubro

Novo circo, teatro e música no outono da cidade de Ourense
A obra "30/40 Livinsgtone" de Sergi López.
A obra “30/40 Livinsgtone” de Sergi López.

A maxia do teatro e do circo segue enchendo os escenarios da cidade de Ourense. Mañá, mércores 15 de outubro ás 20.30h. o Auditorio acollerá a obra “Impreuna”. Un espectáculo que descobre ao espectador a vida interior do circo a través das vivencias dunha troupe de sete artistas. É da compañía Pistacatro e está ambientado na época actual. Ao longo de 60 minutos, a obra estará inmersa nos códigos artísticos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e pallasos), sen renunciar á fusión con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia.

Tres días despois, o sábado día 18 de outubro, o Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO, baixará o telón desta edición con dous espectáculos. O primeiro, a performance “O estado salvaxe. Espanha 1939” será ás 19h. a cargo de Pablo Fidalgo. Máis tarde, ás 20.30h, comezará a obra “30/40 Livingstone”, da compañía dos actores Sergi López e Jorge Picó.

A oferta cultural da cidade das Burgas non acaba aí, é o domingo día 19 será o turno para os máis pequenos coa actividade infantil “Antía, Wamba e o regato pequeno”. A cargo da compañía A Tropa de Trapo, o espectáculo comezará ás 12h.

Como proposta musical o venres ás 20h. a Banda Municipal, volverá ao Centro Cultural José Ángel Valente. Ademais, no Museo Municipal pódese visitar a exposición correspondente ás XXVI Xornadas de Banda Deseñada. Ata o 31 de outubro estará no Auditorio a exposición Expresiones V, da artista Novais.

Artigos relacionados

Back to top button