CulturaCulturaÚltima hora

Unha obra do artista local Jesús Díaz Ferrer ilustra o cartel do Entroido do Barco 2020

O desfile de comparsas, carrozas e folións celebrarase o martes 25 de febreiro a partir das cinco e media da tarde

 

Unha imaxe de Jesús Díaz Ferrer, Lembranzas do Entroido do Barco nos anos 20/30 (acrílico sobre madeira), servíu ao Concello do Barco de Valdeorras para ilustrar o cartel do Entroido 2020 que se celerbará do 21 ao 26 de febreiro.

O programa arrancará o luns día 24 coa Festa Infantil no pavillón vello ás 17h. pero o acto central terá lugar ao día seguinte, martes 25 febreiro: o desfile de comparsas que a partir das 17:30h. percorrerá a avenida Conde Fenosa e a rúa Marcelino Suárez ata a praza Maior. E xa o mércores 26 marzo ás 20:30h. celebrarase o Enterro da Sardiña na praza Maior, trala procesión polas rúas do casco vello.

Ademais, entre o 20 e o 25 de febreiro celebraranse en nove restaurantes da vila as XXI Xornadas Gastronómicas do Entroido que organizan AEVA (Asociación de Empresarios de Valdeorras) e o Centro Comercial Aberto.

 

Artigos relacionados

Back to top button