ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Unha pata e as súas 11 crías, camiño da auga no Barco

 

Detrás da súa nai, un grupo de 11 patiños iniciaba o seu primeiro traxecto cara a auga. A escena podía verse na tarde deste 5 de maio no Barco, fronte ao polideportivo de Calabagueiros, nas proximidades do río Mariñán.

 

 

No traxecto cara o río algunha das crías tiña dificultades, pero unhas veciñas da zona María Carmen Pacios e Ana Corcoba, nai e filla, axudaban aos animais indicándolle o camiño e a viaxe remataba, felizmente, coa pata e as súas crías na auga nadando tranquilamente.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button