Galerías de fotosÚltima hora

Unha peculiar árbore de aixadas, en Éntoma (O Barco de Valdeorras)

O monumento está instalado a carón do Bar Martillo onde selan as credenciais

En pleno Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras, Éntoma (no termo municipal do Barco) é un pobo singular que dá a benvida aos peregrinos de mil formas. Dende hai uns días unhas esculturas feitas en lousa, obra de Raúl Diaz (veciño adicado durante boa parte da súa vida á colocación de lousa), reciben aos camiñantes ao seu paso pola histórica ponte e só uns metros máis adiante, no Bar Martillo, os peregrinos poden selar as súas credenciais, ademais de comer e beber.

 

Árbore de aixadas en Éntoma (O Barco de Valdeorras).

Pero a cousa non queda aí, xa que á entrada do bar, o propio Raúl fixo hai xa un tempo, unha peculiar árbore sobre unha base de pedras da zona. Das súas pólas non colgan froitas nin follas senón aixadas. Si, aixadas de diferentes formas e tamaños, algunha incluso de Portugal, así como picos, rastros, rodos, martelo de lousar e unha tesoira. E, ao seu carón, colgadas dunha estaca, pequenas placas redondas de lousa co nome de Éntoma por unha cara e mensaxes en diferentes idiomas polo outro, para que os viaxeiros as leven como recordo da súa peregrinación a Santiago de Compostela polo Camiño de Inverno que entra a Galicia por Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button