ConcellosQuirogaÚltima hora

Unha peregrina do Camiño de Inverno protagoniza o novo mural de Quiroga

Por este concello transcorren 36 km desta ruta de peregrinación a Santiago, o trazado máis longo de todos os municipios polos que pasa

 

O artista urbano Mon Devane traballa nun novo mural na vila de Quiroga, nunha fachada da praza da rúa Lago. Nesta ocasión o tema elixido foi o Camiño de Inverno. Unha peregrina representará e recordará esta ruta Xacobea e a importancia que ten dentro do noso municipio.

Polo municipio quirogués transcorren 36 km desta ruta de peregrinación a Santiago, o trazado máis longo de todos os municipios polos que pasa, polo que esta circunstancia non podía deixar de estar presente nunha arte urbana que enxalza aqueles produtos e motivos que nos distinguen.

O equipo de goberno achegouse ata a praza da rúa Lago para ver esta nova obra pictórica que está financiada polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Mon Devane caracterízase por ser un pintor de retratos, foto-realista, que utiliza spray para realizar as súas obras, nas que predomina a cor turquesa, algo que reflicte neste novo mural e que tamén vemos no mural realizado nunha da fachadas do Auditorio Municipal nunha representación do Aceite de Quiroga.

 

Os tres produtos que definen o municipio de Quiroga: o viño, o aceite, o mel; as lendas do río Sil e a importancia das súas augas, a empatía das mulleres e agora a peregrinaxe a Santiago teñen o seu protagonismo nesta nova arte urbana á que a capitalidade municipal se uniu.

Con estas nova obra pictórica urbana, que o artista retomará o vindeiro martes e rematará a finais da vindeira semana, a vila quiroguesa conta con dez murais que seguindo a ruta deseñada dende a oficina de turismo se poden recorrer realizando unha pequena camiñada dentro da capitalidade municipal.

Artigos relacionados

Back to top button