OurenseÚltima hora

Unha persoa perde a vida despois de envorcar o tractor que manexaba nunha leira no municipio de Cualedro

 

Dende o 112 Galicia vén de informarse do falecemento do condutor dun tractor tras envorcar este vehículo nunha leira do lugar de Montes, en Cualedro. O operativo de rescate da persoa accidentada puido activarse grazas á chamada de alerta dunha persoa particular ao 112 Galicia cando se aproximaban as sete da tarde de onte.

“No seu relato, quen chamaba explicou que a vítima estaba atrapada no vehículo e xa non falaba. Con esta información, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, e tamén aos axentes da Garda Civil e aos Bombeiros de Verín”, tal e como indica o 112 Galicia. Os bombeiros recuperaron o corpo sen vida da condutor, sen embargo, nada puideron facer por salvar a vida do home.

Artigos relacionados

Back to top button