ConcellosÚltima horaVerín

Unha persoa resulta afectada nun incendio que obrigaba a desaloxar un edificio en Verín

 

Pasadas as cinco desta tarde producíase un incendio na vivenda dun edificio de Verín, situado na avenida Sousas. Ata o lugar desprazábanse de inmediato os Bombeiros de Verín, que “entraron na vivenda, chea de fume, para averiguar a orixe do incendio. Posiblemente, un cortocircuito dun radiador puido provocar este incendio, que danou un sofá”, segundo informa o 112 Galicia.

Ademais a acumulación de fume afectou a unha ocupante da vivenda, pois necesitou a asistencia dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tal e como indica tamén o 112 Galicia.

Pola súa banda, os axentes da Policía Local procederon á evacuación dos veciños do edificio co fin de garantir a súa seguridade mentres duraron os traballos de extinción.

Artigos relacionados

Back to top button