ConcellosÚltima hora

Unha persoa resulta atropelada na Rúa

Imaxe de arquivo da praza de Galicia, na Rúa.

Na tarde do 28 de febreiro tiña lugar un accidente en pleno casco urbano da Rúa, segundo informa o CIAE 112 Galicia. Un home resultaba atropelado en torno ás 20:40 horas, cando se desprazaba pola zona da praza de Galicia da vila ruesa.

Ata alí desprazábanse os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias para atender ao ferido, que presentaba unha brecha na cabeza, segundo a información do 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button