ConcellosÚltima hora

Unha persoa resulta ferida de gravidade ao cortarse cunha motoserra en Viana do Bolo

 

No mediodía deste sábado 14 de marzo un home resultaba ferido “de gravidade despois de sufrir un corte coa motoserra que manexaba”, segundo informa o 112 Galicia. Este accidente producíase no municipio de Viana do Bolo, onde o home realizaba traballos coa máquina.

“Ao fío das 12:30 horas, os xestores do 112 Galicia foron informados do suceso polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Indicaban ademais que, debido á gravidade das lesións ocasionadas, o helicóptero medicalizado con base en Ourense se desprazaba ata o lugar”, segundo informa o 112 Galicia.

Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informábase de inmediato do suceso aos membros do GES da Gudiña, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Artigos relacionados

Back to top button