ConcellosÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico en Córgomo (Vilamartín)

 

Ás seis desta tarde de domingo 22 de setembro producíase un accidente de tráfico na estrada de San Vicente (Vilamartín de Valdeorras) á altura da localidade de Córgomo. No sinistro víanse implicados un coche e unha moto. Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato o GES Valdeorras, a Garda Civil de Tráfico e o 061.

Como consecuencia do accidente resultaba ferida unha persoa que era trasladada ao Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button