ConcellosEn portadaÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico en Trives

Producíase nesta mañá de domingo no km 6 da estrada OU-636

 

Arredor das 10h. deste domingo 5 de abril producíase un accidente de tráfico no km6 da estrada OU-636 no municipio da Pobra de Trives e, máis en concreto, á saída desta vila. Un turismo saíase da vía e envorcaba, resultando ferida leve, segundo as primeiras informacións, a súa condutora.

De inmediato desprazábanse ata o lugar do accidente efectivos de Protección Civil de Trives, o coche bomba desta localidade, unha ambulancia do 061, así como a Policía Local de Trives,  a Garda Civil de Tráfico e o GES de Castro Caldelas. A condutora do vehículo era traslada ao Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button