ConcellosEn portadaÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico na N-120 en Vilamartín

 

A estrada N-120 ao seu paso por Valdeorras vén de rexistrar un novo accidente de tráfico. Ás 9:50h. deste xoves 29 de agosto tiña lugar no termo municipal de Vilamartín, no quilómetro 462,600, unha colisión por alcance entre un vehículo articulado e un turismo. Como consecuencia da mesma resultaba ferida leve a condutora do turismo, que foi trasladada ata o Hospital Comarcal de Valdeorras, no Barco.

Como causa do accidente apúntase á que o vehículo articulado non respectou a distancia de seguridade.

No operativo de emerxencia interviña a patrulla motorista do Destacamento do Barco da Garda Civil de Tráfico, a patrulla de Seguridade Cidadá do Barco, Bombeiros do parque de Valdeorras, GES de Valdeorras e ambulancia do 061.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button