ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico na estrada N-536 en Candís

Rozando ás cinco menos cuarto da tarde deste sábado 12 de outubro producíase un accidente de tráfico na estrada N-536 (que conecta as vilas do Barco e de Sobradelo). Un vehículo saíase da vía á altura de Candís e, como consecuencia do sinistro, resultaba ferido o seu único ocupante, que era trasladado ao Hospital Comarcal Valdeorras no Barco.

No operativo de emerxencias interviñan o 061, a Policía Local do Barco, a Garda Civil de Tráfico e os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, así como mantemento de estradas.

 

Artigos relacionados

Back to top button