ConcellosEn portadaÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico no Barco

 

Ás 16:40h. desta tarde de venres 22 de maio producíase un accidente de tráfico na rúa das Covas no Barco, no cruce da estrada que vai para a zona do Serro. No sinistro víanse involucrados un coche e unha moto e resultaba ferido o condutor da moto.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato o GES Valdeorras, a Policía Local do Barco, así como os profesionais de urxencias sanitarias. O ferido era trasladado ao Hospital Público de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button