ConcellosÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico no Barco

 

Pasadas ás oito da mañá do 15 de xullo producíase un accidente de tráfico no Barco. Un vehículo saíase da estrada na N-120 na entrada oeste a esta vila. Como resultado, resultaba ferida a persoa que conducía o coche.

Ata o lugar do sinistro desprazábanse os membros do GES Valdeorras, a Garda Civil de Tráfico, os servizos de urxencias sanitarias e os Bombeiros de Valdeorras, cuxa intervención finalmente non foi necesaria. A persoa ferida era desprazada en ambulancia para ser atentida no centro hospitalario.

 

Artigos relacionados

Back to top button