A RúaConcellosÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nun accidente laboral en Somoza (A Rúa)

 

Arredor das 15:30h. da tarde deste venres 19 de febreiro producíase un accidente laboral no municipio da Rúa. Un operario resultaba ferido ao derrubarse a adega na cal traballaba, situada no lugar de Somoza, no citado concello valdeorrés.

Ata o lugar desprazábanse, ademais do persoal sanitario de urxencias, a Garda Civil, a Policía Local da Rúa e a agrupación de voluntarios de Protección Civil da localidade. O traballador foi trasladado polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia, segundo o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button