ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nun novo accidente de tráfico en Trives

Un vehículo saíase da calzada na estrada OU-536, uns 100 m máis abaixo do lugar onde se producía o sinistro desta mañá

Apenas unhas horas despois da caída dun vehículo por un barranco na OU-536, entre Trives e Castro Caldelas, producíase un novo accidente de tráfico neste mesmo vial. Nesta tarde de venres 14 de xuño un coche saíase da estrada uns 100 metros máis abaixo do lugar no que se producía o sinistro pola mañá.

Como consecuencia do accidente resultaba ferida unha persoa de avanzada idade. Ata o lugar desprazábanse de inmediato os servizos de emerxencia: Protección Civil de Trives, Garda Civil, Tráfico, GES de Castro Caldelas, o 061 e tamén o camión de bombeiros de Trives.

O ferido foi trasladado de inmediato ata o Centro de Saúde de Trives.

Fotos: Protección Civil da Pobra de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button