CarballedaConcellosÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nunha canteira en Carballeda de Valdeorras

 

Un home sufriu feridas de diversa consideración ao caer desde unha altura duns cinco metros mentres traballaba nunha canteira en Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Santa Cruz, tal e como informa o 112 Galicia.

O 112 Galicia recibía o aviso do accidente arredor das 13:15 horas de inmediato alertouse ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata unha zona próxima ao lugar onde se produciu o accidente laboral.

Ademais, para prestar apoio ao equipo médico desprazado na aeronave, os xestores de Emerxencias 112 solicitaron a intervención da Garda Civil e dos efectivos do GES de Valdeorras, segundo o 112 Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button