OurenseÚltima hora

Unha persoa, trasladada ao hospital, tras un incendio nunha vivenda en Ourense

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ás 21:30h. de onte, venres, 24 de xullo, producíase un incendio no baixo dunha vivenda na rúa do Lagar en Ourense. Alí acudiron os Bombeiros de Ourense para sofocar un lume que comezou na campá extractora e encheu de fume toda a vivenda, segundo informa o 112 Galicia.

Unha persoa foi trasladada ao Hospital de Ourense con síntomas de intoxicación por inhalación de fume dun incendio declarado no baixo dunha vivenda.

Posiblemente, esta situación provocou que unha das persoas que se atopaban na casa sufrira unha intoxicación pola que debeu ser atendida polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Foi trasladada ao Hospital Universitario de Ourense, segundo a información do 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button