OurenseÚltima hora

Unha plataforma “on line” para dinamizar o comercio da provincia Ourense

O proxecto "Eprox" permitirá dar o salto a Internet ao comercio minorista ourensán de maneira sinxela e cun coste reducido

 

A presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar na reunión para o proxecto “Eprox”. / Foto: cedida.

 

A Deputación de Ourense e a Federación de Comercio de Ourense porán en marcha unha plataforma en liña para dinamizar o comercio provincial. O marketplace, de nome “Eprox”, permitirá dar o salto a Internet ao comercio minorista e a pequenos negocios dunha maneira sinxela e cun coste reducido. O proxecto estará dispoñible para dispositivos electrónicos e actualmente xa conta con máis de 330 establecementos inscritos.

Así o avanzaban o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, nunha reunión na que analizaron as prestacións da plataforma. Con esta iniciativa, o goberno provincial pretende axudar ao comercio na etapa poscovid. “Que nos posicione, que sexamos solidarios e que todos os ourensáns fagamos uso desta ferramenta para apostar polo máis noso: a economía provincial”, afirmaba Baltar.

“Eprox” permitirá aos comerciantes incorporarse á plataforma de maneira gratuíta para formar parte do comercio electrónico, unha estratexia de mercado moi rentable a nivel estatal. A plataforma ofrece aos usuarios sistemas de tecnoloxía para a venda, identificando as preferencias dos clientes; loxística adaptada; información completa de cada negocio e un soporte técnico para todo o proceso de venta on line.

 

Artigos relacionados

Back to top button