DeportesÚltima hora

Unha prata e dous bronces para as atletas do Adas no galego Sub18

Podio do campionato do 4×100 feminino no galego Sub18./ Foto: FGA.

 

Ata tres medallas conquistaban as atletas do Club Adas Cupa do Barco no Campionato de Galicia Sub18 que se disputaba na pasada fin de semana en Pontevedra. Así a vianesa Aldara Basteiro facíase co bronce en salto de altura, cun rexistro de 1,47 m, mentres que Alicia Soto lograba outro bronce en peso cunha marca de 10,62.

Ademais, o equipo feminino de 4×100 (formado por Lina Castro, Carmen Rodríguez, Iria Taboadela e Daniela Laya, esta última atleta do filial Riazor Coruña) lograba a medalla de prata nesta proba cunha marca de 54,37, só superado polo Lucus Caixa Rural.

Artigos relacionados

Back to top button