Publicidade
OurenseÚltima hora

Unha prata e un bronce para o Club Volei Praia Milenio Ourense no nacional de inverno

Hernán Tovar e Nuria Bouza participaron nas súas correspondentes probas e coas súas parellas no torneo disputado en Elche (Alicante)

Publicidade

 

O Club Volei Praia Milenio Ourense vén de conseguir un novo éxito no campionato de España de inverno de volei praia ao lograr unha medalla de prata e outra de bronce no Torneo de Elche disputado no recinto deportivo Viziusport da capital ilicitana, de puntuación dobre para o ranking nacional da Federación Española de Voleibol.

Foron moitas as parellas que se anotaron a este torneo con 26 no cadro masculino e 14 no feminino, e na categoría masculina o xogador do Sousas Oira Praia Hernán Tovar, que xogaba co venezolano Vicente Salazar, realizaba un “extraordinario campionato onde deron conta de todos os seus rivais con bastante superioridade ata chegar á gran final”, explican dende o club ourensán. Na final enfrontábanse á parella formada polo alicantino Daniel Moreno e o venezolano Farid Mussa e a lesión nunha perna de Vicente Salazar impedía á parella do Sousas optar á medalla de ouro.

En categoría feminina a xogadora do club ourensán Nuria Bouza desprazouse ata Elche para xogar de parella coa xove polaca Kinga Monika co obxectico de seguir competindo e buscando sumar puntos na súa conta do ranking nacional e a medida que avanzaba a competición, foron pasando rondas ata alcanzar as semifinais onde se enfrontaban ás favoritas e posteriormente campioas: Erika Kliokmanaite e Evangelia  Merteki. Tal como explican dende o club Nuria e Kinga dispuxeron de ata tres bolas de partido para chegar á gran final pero non pudo ser e quedaron ás portas, pero coa medalla de bronce para Ourense.

O sábado 25 de xaneiro disputarase outra proba do circuíto de inverno de volei praia en Oira onde se espera que Nuria Bouza” poda seguir repetindo éxitos nun campionato nacional no quexa conseguiu dous ouros e un bronce.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close