Unha escolma de contos feministas, prologados e seleccionados por María Elena Ojea Fernández, profesora de Lingua e Literatura castelá no IES 12 de Outubro, en Ourense, vén de ser publicada pola Editorial Edelvives. Este volume sae á luz no marco da conmemoración do centenario da morte da autora galega, acontecida o 12 de maio de 1921
Os relatos que compoñen esta antoloxía constitúen, xunto co seu valor literario, unha fotografía de indudable interese, que amosa a problemática da condición feminina na España da segunda mitade do século XIX. A través deles, Emila Pardo Bazán desvenda sen rodeos “a miserable condición social da muller decimonónica: o maltrato dentro e fóra do matrimonio ao que era sometida, a mediocre educación que se lle reservaba e incluso a súa tradicional subordinación á maternidade”.
María Elena Ojea Fernández Doutora en Filoloxía, leva publicado artigos e estudos de crítica literaria sobre Emilia Pardo Bazán, e outros autores da literatura española e universal.
Elena leva 15 anos impartindo aulas de Lingua e Literatura Castelá no IES 12 de Outubro en Ourense.
Fotos cedidas.