EconomíaEconomíaÚltima hora

Unha quincena de locais de hostalaría participarán no V CaViño de Inverno, na Rúa

A ruta de viños e tapas celebrarase os días 28 e 29 de xuño con música tradicional e moitas sorpresas
Imaxe da pasada edición do CaViño de Inverno, na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

Mesturar o Camiño de Inverno, o turismo, a gastronomía, a música tradicional e os caldos de Valdeorras para poñer en valor pobos do rural galego como os desta comarca, foi a idea que levou a un grupo de hostaleiros a poñen en marcha o CaViño de Inverno.

A iniciativa tivo moi boa a collida e vai xa pola quinta edición, contando coa colaboración da Asociación Sociocultural San Cristóbal. Así, unha quincena de establecementos hostaleiros e outras tantas adegas participarán os días 28 e 29 deste mes nesta ruta na que os participantes poderán degustar os caldos de Valdeorras e as tapas que elaborarán os locais participantes, ademais de desfrutar da música tradicional da man de diferentes grupos e de miles de agasallos directos.

 

Artigos relacionados

Back to top button