EconomíaEconomíaÚltima hora

Unha remolacha de 9 quilos, en Castromao (A Veiga)

Pedro Seoane Fernández, coa súa remolacha.

 

Ata 9 quilos chegaba a pesar a remolacha que recollía da súa horta hai 3 días Pedro Seoane, veciño de Castromao (A Veiga). Ademais conta que xa as ten colleitado máis grandes. E, cando se lle pregunta cal é o segredo, a resposta é sinxela: “árase ben, abónase ben e, se fai falta réganse”, asegura.

Pedro amosáballe ao Periódico O SIL o seu exemplar de remolacha na I Exposición Agrícola e Gandeira de Trevinca, na que participaba nesta fin de semana como gandeiro.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button