Galerías de fotosÚltima hora

Unha rosa para lembrar a Rosalía de Castro, no CEIP Condesa de Fenosa

Malia non estar declarado oficialmente, moitos concellos e entidades culturais celebran mañá, 24 de febreiro, o Dia de Rosalía de Castro. Unha conmemoración á que tamén se suman os centros escolares.

No caso do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, facíano coa elaboración dun fermoso mural colaborativo no que participaron as seis aulas de Educación Infantil. “Cada aula elaborou unha parte da rosa e cada titora fixo referencia na súa aula á figura de Rosalía, adáptandose á idade do seu alumnado”, explica a coordinadora.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button