ConcellosÚltima hora

Unha rúa coruñesa muda simbolicamente o seu nome para chamarse “Mártires de Valdeorras”

 

Neste sábado 2 de outubro celebrábase na Coruña unha ruta reivindicativa no decurso da cal se lle cambiaban simbolicamente os nomes a catro rúas que levan o nome de catro alcaldes da etapa da ditadura. Este acto estaba convocado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) e coa colaboración da Asociación Veciñal da Agra do Orzán e a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña.

Un dos nomes cambiados era o de Peñamaría de Llano, que foi substituído polo de “Mártires de Valdeorras”, como reparación ás vítimas da represión franquista nesta comarca. No acto inerterviña Jesús Vilasánchez, concelleiro do BNG no Barco.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button