CulturaCulturaÚltima hora

Unha ruesa, no concurso para o cartel de Arde Lvcvs 2019

Isabel Seco xa ganou varios concursos para anunciar as festas da Rúa
O cartel deseñado pola ruesa Isabel Seco.

Do 14 ao 16 de xuño Lugo retrocerá no tempo para celebrar unha das festas máis relevantes do ano. Arde Lvcvs é un fenómeno máxico que se apodera ano tras ano de cada pequeno espazo da cidade, transformándoa por completo, enchéndoa de personaxes ancestrais, retrocedendo no tempo para gozar dun importante legado cultural e histórico. Tres días nos que Lugo se sumerxe na vida de Lvcvs Avgvsti, destacada urbe e unha das capitais administrativas da Gallaecia romana, para  percorrer o seu recinto amurallado, e gozar dun pasado máis vivo que nunca.

É unha data especial, por iso o cartel que o anuncie tamén deberá selo. De aí que sexan moitas as propostas que participan no concurso par elixir o que finalmente anuncie a festa. Entre elas está a da ruesa Isabel María Seco, gañadora da última edición do concurso para elixir o cartel das festas de verán da Rúa.

A primeira preselección será por votación popular a través de Internet, aberta ata este domingo ás 12h. no seguinte enlace: https://pr.easypromosapp.com/p/836655?lc=es-es&ep1=ws

Desta votación sairán as obras que se someterán á votación do xurado.

Artigos relacionados

Back to top button