ConcellosÚltima hora

Unha ruta para descubrir a historia e os personaxes de Trives

O vindeiro 27 de xullo terá lugar unha visita guiada pola localidade que partirá ás 11:30h. dende a Oficina de Turismo
Unha das rúas da vila trivesa.

Pasear dun xeito diferente pola vila de Trives, descubrindo a historia de cada un dos seus recunchos e os personaxes que os habitaron e que deixaron a súa pegada. Esta unha das propostas deste verán trivés.

O vindeiro venres, 27 de xullo, dende o servizo de Turismo organízase “Paseos por Trives, persoas e personaxes”, unha visita guiada pola localidade, onde ademais de coñecer o noso patrimonio se explicarán persoas destacadas da vila. “Un paseo con encanto para gozar dun xeito diferente de saber do noso lugar e da nosa xente”, explican dende o Concello trivés.

A saída será ás 11:30h dende a Oficina de Turismo (Edificio Santa Leonor). Para anotarse e máis información: Oficina de Turismo (988 33 09 67).

 

Cartel da actividade.

Artigos relacionados

Back to top button