ConcellosO BoloÚltima hora

Unha saída de vía no cruce de Chandoiro (O Bolo) sáldase cunha persoa ferida

 

Na mañá deste sábado 28 de maio producíase un accidente de tráfico na estrada OU-533, nas proximidades do cruce de Chandoiro, no concello de O Bolo.

En torno ás 6 horas un coche cun único ocupante sufría unha saída de vía pola marxe dereita da estrada e subía un talude, quedando despois envorcado sobre a calzada e incendiándose. Ata o lugar dos feitos acudían membros de Protección Civil de O Bolo e da Garda Civil así como os bombeiros do parque da Rúa, o GES da Veiga e o 061-Emerxencias Sanitarias.

O accidente saldábase co condutor ferido leve.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button