As caravanas abren as súas portas esta fin de semana na cidade para ofrecer gastronomía sobre rodas e actividades de animación nas rúas
Ourense poderá degustar esta fin de semana o mellor da cociña sobre rodas co Street Foud, unha selección dos mellores food trucks que abrirán as súas portas para ofrecer unha variada oferta gastronómica. Ademais, tamén haberá actividade e animación nas rúas que combinará arte, moda e tendencias.
Hamburguesas, xeados artesáns, bocadillos gourmet, ensaladas orixinais, cociña vexetariana ou tapas conformarán a carta. Pero tamén haberá espazo para cata de viños e cervexas especiais, sesións vermú ou cociña en directo. A iniciativa, que foi presentada esta semana no Concello, terá lugar na Praza Bispo Cesáreo.