SanidadeÚltima hora

Unha socia de Disvalia benefíciase dunha doazón da Fundación Roviralta de Barcelona

Recibiron 3.000 euros que foron empregados para mercar unha cadeira de rodas eléctrica

Lidia (á esquerda) na súa cadeira de rodas na celebración do aniversario de Disvalia. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A asociación Disvalia do Barco de Valdeorras vén de recibir unha doazón de 3.000 euros da Fundación Roviralta de Barcelona, polo seu proxecto: “Adquisición de axudas técnicas, para préstamo, a persoas necesitadas”.

A beneficiaria da aportación económica foi unha das socias do colectivo de persoas con discapacidade, Lidia F. A., para a adquisición dunha cadeira de rodas eléctrica, “que o Sergas lle denegara, malia a súa enfermidade dexenerativa”, explican dende Disvalia asegurando que, a calidade de vida de Lidia ten mellorado notablemente e non dubidou en celebralo o pasado 4 de outubro na festa do VIII aniversario da asociación á beira do río Sil, no Barco de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button