DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Unha trintena de piraguas no I Descenso do Baixo Sil, do Barco a Vilamartín

Esta proba amigable vén de celebrarse no mediodía deste 15 de setembro con saída dende Viloira

Pasadas ás 12h. do 15 de setembro dábase a saída á altura da praia fluvial de Viloira do 1º Descenso do Baixo Sil, unha proba amigable cun percorrido de 7 km entre as localidades do Barco e Vilamartín de Valdeorras. Nesta cita participaban unha trintena de embarcacións (tanto K-1 como K-2) de diferentes clubs.

Numerosas persoas seguían o seu paso dende puntos como a pasarela peonil que conecta o Paseo do Malecón coa área recreativa barquense do Salgueiral. Tamén había público na beira do río.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close