OurenseÚltima hora

Os xornalistas de Ourense celebran o seu patrón no Seminario Maior do Bispado

O Periódico O SIL estivo presente no tradicional xantar de confraternización, que este ano se trasladou de xaneiro a maio
Algúns dos profesionais que acudiron ao Seminario Maior o venres.
Algúns dos profesionais que acudiron ao Seminario Maior o venres.

Uns trinta profesionais dos medios de comunicación social da provincia ourensá participaron o pasado venres 6 de maio no tradicional xantar que organiza todos os anos a Diocese de Ourense en homenaxe ao patrón dos xornalistas, San Francisco de Sales. Pese a que normalmente esta cita se solía facer no mes de xaneiro, coincidindo co día propio no calendario, nesta ocasión os festexos sufriron un retraso até o presente maio.

A comida tivo lugar nas instalacións do Seminario Maior, ubicadas nas aforas da cidade das Burgas. Organizada pola Delegación Diocesana de Medios de Comunicación Social, estivo presidida polo bispo, Monseñor Leonardo Lemos Montanet.

O Periódico O SIL tamén tivo representación nun encontro que xuntou a profesionais dunha decena de medios de comunicación e outras organizacións vencelladas ao sector da comunicación social. Ao remate, o bispo adicou unhas palabras de agradecemento aos alí presentes, subliñando a importancia deste tipo de comunicación e do labor dos xornalistas na sociedade actual.

Texto: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button