En portadaÚltima hora

Unha troita de 3 quilos no primeiro día de pesca da tempada

O valdeorrés Javier Casillas pescou o exemplar a cucharilla no Encoro de Casares (Montefurado)
Javier Casillas coa troita./ Foto: Carlos G. Hervella.

Hoxe, domingo 19 de marzo abríase de forma oficial a tempada de pesca fluvial con carácter xeral, unha campaña que segundo a Consellería de Medio Ambiente ofrece máis de 310.000 permisos para a práctica deste deporte en 30.000 quilómetros de ríos e unha ampla rede de encoros e 148 coutos. Con respecto á normativa, con carácter xeral a talla mínima da troita (unha das especies máis aprezada polos pescadores) é de 19 centímetros e a cota máxima de 10 exemplares por pescador e día.

Nun deses encoros, concretamente no de Casares en Montefurado (Quiroga), o valdeorrés Javier Casillas Abelaira comezaba a tempada cunha boa mañá de pesca na que collía unha troita de 3 quilos a cucharilla (mercada en Deportes Aris da Rúa). Tal como explica o propio Javier ás sete da mañá xa estaba no lugar. O premio ao madrugón, un fermoso exemplar.

 

Javier Casillas e a propietaria de Deportes Aris na Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

Noutro punto da comarca, en Prada (A Veiga), abría a campaña Jesús Delgado, directivo da Sociedade de Pesda Fluvial Valdeorras, quen explica que “o día estivo estupendo pero a nivel capturas houbo pouca cousa”. Jesús asegura que aínda é cedo para saber como irá a tempada pero na súa opición prevese frouxa. “Xa o foi o ano pasado e este aínda o será máis porque os encoros e ríos están moi baixos. A ver se chove algo e se move un pouco a pesca pero aínda así, desgraciadamente parece que a cousa vai a menos”, laméntase.

 

A troita de 3 quilos pescada no Encoro de Casares. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button