DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Unha troita de 4 kg pescada no río Sil ao seu paso pola Rúa

O domingo 18 de marzo os afeccionados á pesca abrían oficialmente a tempada deste ano. Un deles é Héctor García Prada, un xove que leva practicando este deporte dende hai anos. “Meu pai aprendeume xa de neno pero eu só, máis enserio levo uns seis anos”, di, asegurando que lle gustan moito os ríos de montaña “porque teñen moita pedra e pouca auga e faise bastante exercicio indo dun lado para outro. Tamén me gusta ir ao peixe”. A ríos como o Xares ou o Lor irá de cara ao mes de maio pero de momento pesca noutros como o Sil.

E foi precisamente nese río, na cola do encoro de San Martiño, na Rúa, onde collía dúas boas troitas. Unha, máis pequena, pescábaa o martes 27 de marzo e só un día despois capturaba un bo exemplar que pesaba uns 4 quilos.

 

Héctor García amosa a troita de 4 kg.

 

A troita foi pescada na cola do encoro, na Rúa.

 

Héctor coa troita de 1 kg. recén pescada.

 

O pescador rues nun río de montaña.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button