ConcellosÚltima hora

Unha veciña cede gratuitamente un terreo ao Concello de Viana para ampliar a rúa do Sarito

Un dos momentos da sinatura da cesión./ Foto cedida.

 

Neste venres 15 de novembro tiña lugar no Concello de Viana do Bolo o acto de cesión dun terreo de forma gratuíta para ampliar o acceso á rúa Sarito dende a estrada OU-0908 (Viana do Bolo, Vilariño de Conso), de titularidade provincial.

“Asinamos o contrato de cesión de terreo de forma gratuíta e desinteresada por parte de Ermitas Domínguez Barja. Este terreo servirá para ampliar o acceso e o entronque da rúa do Sarito na confluencia coa estrada OU-0908”, explica o alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández.

“Dende o Concello agradecemos o xesto altruísta e desinteresado da propietaria da parcela para así mellorar o entronque desta rúa”, engade o rexedor vianés.

Artigos relacionados

Back to top button