ConcellosÚltima hora

Unha veciña de Santa Mariña (O Barco) pide máis limpeza e cortalumes contra os incendios

Cedida.

 

Rosanna Díaz, veciña de Santa Mariña (O Barco), unha das localidades que nestes días se vía asediada polo incendio forestal que afecta a Valdeorras, compartía o seu sentir tras estes tráxicos días a través das redes sociais.

“Hoxe sentímonos tristes e ata apaleados, moi esgotados de ver tantas localidades afectadas por este inferno que temos que vivir. Grazas a Deus e a intervención de todos, podémolo contar e seguir en pé, e podemos dicir terminou, pero, ¿ata cando?”.

Ademais esta veciña facía pública unha demanda dirixida á Xunta de Galicia: “máis limpeza no monte e máis cortalumes para todos os pobos, e se vostedes non son capaces de axudar, permítannos facelo a nós. Nós somos os que vivimos estes incendios en carne e oso”.

Artigos relacionados

Back to top button