Publicidade
EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Unha vendima temperá celebrada na Rúa

Un viticultor da vila recollía uns 100 quilos de albillo o 18 de agosto

Dez días máis tarde que o ano pasado e un cesto menos. Son as novidades da vendima que Manichy, un veciño da Rúa, facía na xornada do 18 de agosto, unha das primeiras da campaña na comarca de Valdeorras.

A colleita foi de cinco cestos (uns 100 quilos) recollidos nas cepas que ten en parras da variedade albillo situadas na zona de Pedrazais. “É unha variedade branca que madura moi cedo, uns quince días antes que o resto e este ano retrasouse un pouco con respecto ao ano pasado que vendimamos o día 8”, explica Manichy, engadindo que malia conseguir algúns quilos menos que na pasada campaña, estas uvas conserváronse bastante ben pese ao mildiu que atacou duramente aos viñedos da comarca.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close